Quiosco: Revista Galega de Teatro, 75

Inclúe o texto co que Raúl Dans gañou o prestixio Premi Born de Teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Quiosco: Revista Galega de Teatro, 75

A Revista Galega de Teatro ten xa na rúa o número 75, o de verán, que este ano inclúe o texto Unha corrente salvaxe. Trátase da peza coa que Raul Dans (A Coruña, 1964) gañou o do XXXVII Premi Born de Teatre (que convoca e resolve o Cercle Artistic de Citadella de Menorca). Neste número, a directora e dramaturga María Armesto e a titiriteira Amparo Ibarra reflexionan sobre a situación das mulleres nas artes escénicas e o teatro como unha ferramenta para a igualdade. Ademais, na sección RVB: FURIA E RAZÓN, creada co galo do Ano Roberto Vidal Bolaño, este número inclúe un traballo do escenógrafo Eufrasio Lucena sobre a montaxe de Días sen gloria na República Checa. Críticas, análises e entrevistas completan o último número dunha publicación que edita a Asociación Cultural EntreBambalinas.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 95

Quiosco: Erregueté 95

A nova entrega da Revista de Teatro inclúe un texto dramático de Francisco Javier Suárez Lema

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Igualdade...