A CRTVG emitiu o ano pasado 750 actuacións do novo talento galego

As cifras figuran no primeiro informe de responsabilidade social corporativa

O primeiro informe de responsabilidade social corporativa da CRTVG ofrece datos como que esta cadea emitiu en 2011 unhas 750 actuacións de promoción do novo talento galego. A través das súas catro canles, emitiu 2.800 horas centradas na atención especial ás minorías, 61.000 horas en galego, das que 5.700 corresponderon a programas culturais e divulgativos, 2.600 a contidos infantís e 10.700 horas a espazos informativos. O documento fai referencia tamén ao desenvolvemento de 78 accións en defensa da cultura e ao establecemento de 8 convenios en vigor para favorecer proxectos culturais, así como o apoio de iniciativas sociais, coa sinatura de 6 convenios e de 18 accións para a integración

Con este informe, a CRTVG avalía o seu compromiso cos Dez principios do Pacto Mundial de Nacións Unidas, en materia de dereitos humanos, laborais, medio ambientais e de loita contra a corrupción.
Ligazóns