Unha obra lírica sobre a maternidade, a medicalización do parto ou o sexo como ferramenta de poder. Todos estes temas se dan en Xudite, a ora co que o dramaturgo galego Marcos Abalde (Vigo, 1982) acaba de obter o premio Marques de Bradomín 2012 de textos dramáticos que outorga o Instituto da Xuventude, Injuve. A súa foi seleccionada entre 52 obras e, ademais de ser o a primeira vez que este galardón recae nun autor galego, faino cun texto na nosa lingua.
Marcos Abalde continúa neste xeito a súa traxectoria como autor dramático. Malia ser moi novo, en 2011 fíxose co premio Álvaro Cunqueiro cun texto poético situado nun contexto bélico titulado A cegueira e neste ano foi finalista dos premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega con Canibalismo.