A asociación Danza Escénica Galega (Danesga), a asociación Bágoas da Terra e o Teatro Ensalle recibirán do Instituto de Artes Escénicas e Musicis, 45.000 euros para o desenvolvemento das súas actividades relacionadas coa danza. Canda elas, no eido musical, Berrogüeto obtivo 21.000 para as súas xiras estatais e internacionais desde ano 2012. Son os beneficiarios galegos dunha liña de axudas para apoio da danza, lÃrica e música que concede o Ministerio de Educación e Cultura. A diferenza doutros sectores, as achegas que reciben as entidades galegas mantéñense nas mesmas cifras que o ano pasado, coa excepción de Teatro Ensalle, que recibe 3.000 euros menos.