A Xunta promove o galego para os negocios coa lusofonía

A Federación Galega de Parques Empresariais promove a campaña O galego, chave para os teus negocios

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de pór en marcha a campaña i>O galego, chave para os teus negocios. A mesma, dirixida ao empresariado do noso país, incídese nas posibilidades que abre a nosa lingua para se comunicar e procurar nováras de acción empresiais en países da lusofonía. O material salienta a importancia económica crecente de Brasil e Angola e apunta a vantaxe competitiva que posúen empresas galegas para se implantar nestes mercados, ademais de lembrar que o 20% das exportacións do noso país foron para países lusófonos.

A presentación da campaña incide en que "o galego é un valor cultural que nos identifica como pobo, mais tamén nos conecta cunha comunidade maior de case 200 millóns de persoas que falan portugués, xa que permite a intercomprensión sen necesidade de mediación". No marco da acción distribuiranse 1500 carteis e 10.000 dípticos informativos entre as entidades pertencentes á FEGAPE e outras entidades galegas. A campaña presentábase esta mañá no Porriño.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Angola...