Lugo e Ourense toman o relevo dos festivais de clown

Un evento centrado no novo circo visitará a Cidade da Muralla os vindeiros 2 e 3 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Logo da desaparición en Vigo do Festiclown, en febreiro deste ano, Lugo e Ourense toman o relevo deste tipo de eventos. Culturactiva, a empresa que organizaba o desaparecido evento, levará a Lugo os vindeiros 2 e 3 de outubro un Festival de Clown. O evento contará con actuacións galegas como as de Peter Punk, Cê Orquestra Pantasama, ou Os Sete magnificos máis un, que estarán acompañados dos madrileños Kanbahiota Troup e dos brasileiros Teatro do Anónimo. O evento xorde da colaboración entre as Concellarías de Cultura de Lugo e de Ourense, polo que é de agardar unha vindeira celebración do mesmo na Cidade das Burgas, aínda sen data.

No marco do programa celebrarase unha gala solidaria no Auditorio Gustavo Freire, cuxos beneficios irán destinados á organización do FestiClown Palestina 2013.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Ourense, Cidade da Muralla, Teatro...