A Fundación Barrié recupera un romance en galego do século XVIII

O romance da urca de Santo Antón sae á luz cunha edición crítica e un estudo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O romance da urca de Santo Antón é un poema en galego con partes en castelán que se escribiu en 1777 e que ten como tema central as viaxes comerciais entre Europa e América. A obra, de 668 versos, conservábase no Códice 1052 do Archivo Histórico Nacional de Madrid, e ve agora a luz da man da Fundación Barrié. O volume inclúe a edición crítica e un estudo histórico-lingüístico da obra da man Ramón Mariño, Margarita Sánchez e Damián Suárez. Este supón un dos escasos textos en galego deste período.

O libro, que retrata a sociedade ferrolá do seu tempo e achega un coñecemento inédito da lingua do século XVIII, narra en ton satírico a viaxe real entre a Habana ata Ferrol da urca San Antonio, así como unha celebración relixiosa que se realizou á chegada do barco. Suponse que o texto era de carácter privado ou ben que tivo unha circulación moi restrinxida na súa época.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Ramón Mariño, Europa e América, Madrid...