Seis empresas galegas acoden á feira tecnoloxica IBC de Amsterdam

Irán baixo o paraugas do Clúster do Audiovisual e coa axuda do IGAPE

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O IBC de Ámsterdam é o principal evento anual para os profesionais que traballan na creación, xestión e prestación de entrenemento e contido das noticias e produtos audiovisuais no mundo. Celébrase no Centro Rai da capital holandesa e atrae a máis de 45.000 asistentes, con 1.300 expositores de 140 países do mundo. A esta edición, que arrinca hoxe, irá unha delegación galega baixo o paraugas do Clúster do Audiovisual Galego. Son as empresa Arantia 2010, Cinfo, CTV, Gallega de Circuitos Electrónicos, Ingeniería de Sistemas de Funcionamiento e Voz Audiovisual promocionarán os seus produtos e servizos á industria internacional dos medios de comunicación electrónicos.

A este encontro, empresas como Arantia 2010 ofrecerán as últimas novidades en cabeceiras IPTV, STBs IP e Sinalización Dixital entre outros. Pola súa banda, Cinfo levará a súa plataforma para xestionar publicidade na televisión dixital interactiva, ou a guía electrónica de programación que desenvolve.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Igape, Medios de comunicación, CTV...