O Clúster dinamizará no 2008 aqueles aspectos audiovisuais que teñen que ver coa rede

A plataforma vixía

12/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Clúster Audiovisual acaba de dar a coñecer os proxectos máis inmediatos para o 2008. O primeiro deles é a posta en marcha da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, que pretende impulsar todos aqueles produtos relacionados coas tecnoloxías audiovisuais en rede. Principalmente en tres ámbitos: formatos e deseño de contidos; animación e xogos; e sistemas avanzados para a produción e a xestión. Canda esta novidade, o Clúster porá en marcha o proxecto “Vixía” un servizo que pretende orientar as empresas nas súas tomas de decisión. Ademais, no 2008 o Clúster subirá á rede un catálogo sectorial.

Máis información no web do Clúster Clúster Audiovisual Galego

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Clúster Audiovisual Galego

Claves

Conceptos