Catro mozos poñen en marcha Vintecinco.com, unha rede social en galego

O proxecto recibiu 4.000 euros do programa Iniciativa Xove

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Javier, Pablo, Nadia e Óscar teñen arredor de vinte e cinco anos e son usuarios das redes sociais. Precisamente esas dúas características son as que conflúen no seu proxecto “Vintecinco.com”, unha rede social en galego que están a desenvolver. Javier Mahía, voceiro do grupo, asegura “quixemos facer unha rede para mozos e mozas galegas, similar a tuenti e facebook, que ten todas súas funcionalidades pero na nosa lingua e sen publicidade”. Para o proxecto contaron cunha axuda de 4.000 euros do programa Iniciativa Xove da Xunta. O proxecto será público a partir do luns 3 de setembro e confían chegar ao milleiro de usuarios no primeiro mes. Ademais, están a preparar a divulgación da iniciativa nas tres universidades e nas principais cidades galegas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Facebook

Claves

Conceptos