Nace GalizaID, un proxecto para unificar a identidade dixital dos usuarios de servizos de Internet

O servizo outorga ao usuario unha identidade única para acceder a múltiples webs e servizos

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Nos últimos dous anos, en Internet está xurdindo un importante movemento para que os usuarios poidan dispoñer dunha identidade única (usuario e contrasinal) coa que acceder a múltiples servizos promovidos por axentes, entidades e empresas diferentes entre si: é o protocolo Open ID, e busca que os nosos datos persoais sigan a ser privados. Hoxe, tres mozos emprendedores, Andrés Milleiro, Fran Diéguez e Héctor Anllo acaban de presentar o servizo GalizaID, co cal se converten en proveedor de identidades ID a usuarios, en galego e orientado ao uso dos servizos da web 2.0 do país, como Blogaliza, Chuza ou Lareta, pero que tamén permite o acceso nun número crecente de sitios internacionais, como Blogspot. A plataforma GalizaID -aínda en desenvolvemento-, pretende incluír "funcionalidades de rede social", permitindo reunir os contidos que publica un usuario en múltiples servizos nun único lugar.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Internet

Claves

Conceptos