culturagalega.org incorpora novos boletíns para mellorar a experiencia dos usuarios

Facilidade de lectura e posibilidades de personalización son os dous principais cambios

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A partir de hoxe, podes subscribirte ao novo sistema de boletíns de culturagalega.org. Redeseñamos os boletíns para facilitar a súa lectura e engadimos outros novos, pensados para que tires o máximo rendemento de culturagalega.org. Agora, podes recibir especificamente o dossier de cultura nos medios galegos (de luns a venres, ás 10 h.), un completo boletín coa axenda dos catro días seguintes (de luns a venres, á mediodía) ou mesmo podes configurar "alertas" con palabras clave do teu interese para que o sistema te avise automaticamente de cando publiquemos contidos que conteñan as palabras clave que ti nos indiquen. O novo sistema de usuarios permite, ademáis, que no futuro poidas acceder a moitos máis servizos personalizados en culturagalega.org. Se xa eras usuario dos boletíns de culturagalega.org, na túa caixa de correo recibiches unha mensaxe cunha ligazón para que poidas actualizar os teus datos e recibir o novo boletín.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Que fas hoxe?

Que fas hoxe?

Remodelamos a Axenda de culturagalega.org prestando atención ás redes sociais e ao uso frecuente do servizo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega

Claves

Entidades