O teu asistente persoal para a cultura

culturagalega.org renova a súa versión móbil adaptada ás últimas xeracións de teléfonos e aos novos usos dos dispositivos

A partir de hoxe, podes acceder a unha versión mellorada de culturagalega.org a través do teléfono móbil. Concibida como un asistente persoal para a cultura, ofréceche un acceso rápido aos elementos de culturagalega.org que se conectan máis directamente coa túa vida cotiá, optimizados para o seu visionado en pantallas de móbil e especialmente para pantallas táctiles. A versión móbil cárgase automaticamente cando queres acceder a culturagalega.org desde un móbil de última xeración ou podes acceder a ela a través de m.culturagalega.org.

A versión móbil de culturagalega.org ofréceche as noticias e o dossier de medios, e cun único click acceso á nosa axenda, aos roteiros da cultura, á aplicación de realidade aumentada para localizar centros culturais e, como non, ao noso extenso índice de libros, música, banda deseñada e audiovisual e os creadores que o compoñen.

Trátase dun bo asistente para o teu traballo, se te dedicas ao sector cultural, pero tamén para o teu lecer, podendo visionar os vídeos de culturagalega.org desde calquera lugar. Deste xeito, o portal adáptase ao crecente uso do teléfono móbil como elemento práctico