O musical Galicia Caníbal chega a Madrid

Estará no Novo Teatro Alcalá ata o 28 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle dun momento do espectáculo. Fonte: galiciacanibal.com

Detalle dun momento do espectáculo. Fonte: galiciacanibal.com

Despois de itinerar por numerosas localidades galegas, o musical que recupera o espírito da movida viguesa dos anos oitenta chega á capital do Estado. O Novo Teatro Alcalá de Madrid acollerá desde mañá ata o vindeiro 28 de outubro o espectáculo Galicia Caníbal . 10 actores e actrices, 8 bailaríns, 5 músicos en directo cantarán os grandes éxitos da movida galega mentres contan a historia dunha adolescente (Ana) que vive, xunto coa súa familia, unha crise persoal. Un acontecemento extraordinario faralle descubrir a música dos oitenta e, con ela, a salvación da súa familia.

O proxecto é a gran aposta de Filmanova Invest para este ano, e contou co apoio de Estrella Galicia, principal financiadora do evento. Coproducida tamén por Agadic que lles facilitou un local de ensaio e asesoramento do Centro Dramático Galego. Dez actores, que encarnan a tres xeracións distintas, conforman o elenco deste espectáculo musical que conta con mercandising e material promocional como un libro-disco-cd cos mellores momentos do proceso de cásting, montaxe e do propio espectáculo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Teatro, Espectáculo, Ensaio...