Estréase en Vigo Galicia Caníbal, o musical de Antón Reixa sobre os anos oitenta

O espectáculo xirará por Galicia en dúas tandas tras unha parada en Madrid

Sergio Zearreta nun momento dos ensaios. Fonde: Galiciacanibal.com
Sergio Zearreta nun momento dos ensaios. Fonde: Galiciacanibal.com
Unha rockeira morta, un ERE do metal e un proxecto de divorcio… todo isto aderezado coa banda sonora dos anos oitenta (do Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total ata a inexcusable Galicia Caníbal dos Resentidos, pasando por Malos tiempos para la lírica de Golpes Bajos ou No me beses en los labios de Aerolíneas Federales). O resultado é o músical Galicia Caníbal,a gran aposta de Antón Reixa para Filmanova Invest deste ano. O espectáculo estréase hoxe en Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia) desde onde partirá para a xira galega de verán con recaladas en Santiago, Vilagarcía e A Coruña. Tras un período en Madrid (de setembro a decembro), iniciará unha xira a principios de 2013 que o levará por varios escenarios do Estado.

O proxecto é unha aposta de Filmanova Invest e Estrella Galicia, principal financiadora do evento. Coproducida tamén por Agadic que lles facilitou un local de ensaio e asesoramento do Centro Dramático Galego. Dez actores, que encarnan a tres xeracións distintas, conforman o elenco deste espectáculo musical cuxas entradas oscilan entre os 16 e os 36 euros dependendo dos recintos.

Ademais, a produción conta con mercandising e material promocional como un libro-disco-cd cos mellores momentos do proceso de cásting, montaxe e do propio espectáculo.
Dosier de Galicia Caníbal.