Un programa formativo reflexiona sobre a arquitectura con Compostela como laboratorio

O ciclo de conferencias Arquitectura e Crítica 2012 conclúe hoxe co relatorio de Jacques Gubles

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:

É a terceira edición un programa que pretende ofrecer un debate crítico sobre a arquitectura contemporánea desde Galicia. O COMPOSTELAs summer programa é un curso de formación que inclúe clase, obradoiros e visitas programadas para reflexionar sobre a historia a partir da arquitectura. Toma a Santiago como laboratorio e conta con profesores da talla de Álvaro Siza (autor de dous dos edificios máis emblemáticos de Santiago, como son o CGAC e a Facultade de Ciencias da Comunicación). Este ano o programa conta cunha trintena de estudantes chegados de 14 nacionalidades diferentes que analizarán o entendemento entre a arquitectura da cidade co trazado do Camiño de Santiago ou a conexión coa Cidade da Cultura. De xeito paralelo, a entidade organizadora deste curso, a Fundación Compostela Arquitectura, tamén organiza o ciclo Arquitectura e Crítica 2012 que conclúe hoxe coa presenza de Jacques Gubles que falará de dos nacioanlismos e internacionalismos da arquitectura moderna en Suíza (CGAC, 20:00 horas).

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Álvaro Siza, Suíza, Camiño de Santiago...