Luís Tosar participará na segunda longametraxe de Emilio Aragón

O filme comezarase a rodar este verán coa presenza doutro galego, Javier Gutiérrez

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Despois da súa ópera prima, Pájaros de papel, Emilio Aragón (La Habana, 1959) está a preparar o seu segundo traballo como director. De momento son poucos os detalles que se coñecen deste traballo que se rodará este verán nos Estados Unidos. Entre os nomes confirmados está o dos galegos Luís Tosar (Lugo, 1971) e Javier Gutiérrez. Canda eles, figuran Angie Cepeda e Robert Duvall, que tamén está involucrado na produción xunto ao propio Emilio Aragón.

*Información corrixida e actualizada.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Aragón, Luís Tosar, Ópera, Estados Unidos...

Claves

Protagonistas
Conceptos