José Saramago e Emilio Aragón estarán presentes na estrea de “A flor máis grande do mundo” en Ferrol

Flores grandes en formatos curtos

8/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A división de animación de Continental está a ultimar os detalles do seu último traballo que xunta a varias figuras recoñecido prestixio de diferentes sectores. “A flor máis grande do mundo” é o título da curtametraxe dirixida por Juan Pablo Etcheverry que a produtora presentará no teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 20 de marzo. Alí estará o Premio Nobel José Saramago que fai de narrador na curta que adapta un dos seus contos para nenos. Canda el estará Emilio Aragón que dirixirá en directo a orquestra que interpretará a música da curtametraxe.

Máis información sobre a produción na súa ficha en AVG

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Aragón, AVG, Animación, Teatro...