O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra conmemora dúas décadas

Unha publicación repasa a traxectoria do evento, que comeza hoxe a súa XX edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

De ser unha cita local e minoritaria a se transformar nunha cita imprescindible para os amantes do xénero. Desde o seu nacemento en 1993, o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra viviu unha longa evolución, e para conmemorar os seus vinte anos de existencia fai un repaso desta traxectoria cunha publicación especial. Os artistas que visitaron a cidade do Lérez e os fitos na evolución do evento están marcados nunha publicación que se pode consultar en liña.

A edición número XX comeza esta mesma noite coa actuación de End of an era na praza do Teucro. Mañá será o turno do Javier Pereiro Quinteto, e o xoves a praza da Ferraría acollerá a actuación de The Bad Plus con Joshua Redman. Venres, no mesmo escenario, será o turno de Sharrie Williams, sábado actuará Keb "Mo" e domingo Ninenty Miles con Stefon Harris, Nicholas Payton e David Sánchez fechan o programa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Jazz, Pontevedra, Xénero...

Claves

Conceptos