Presentan o proxecto O santiago oculto dos peregrinos

É unha proposta editorial transmedia sobre a Compostela das peregrinacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O xornalista e profesor Manuel F. Rodríguez é o autor da guía O santiago oculto dos peregrinos, un proxecto de Bolanda Editorial que quere amosar os monumentos e partes de monumentos máis conectados co fenómeno xacobeo en Santiago, mesmo alén da catedral. Trátase dunha publicación que vén acompañada cun mapa que permite explorar recursos culturais menos coñecidos para o peregrino. No futuro, engadiranse ao carón dos monumentos indicadores QR que conectaran coa web (xa existente) e unha exposición interactiva que completará a experiencia.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Catedral, Xacobeo, Santiago de Compostela

Claves