Inversa Teatro xirará por Colombia grazas ao apoio do público

A compañía obtivo os fondos necesarios para representar a súa obra Kamouraska entre o 22 de xullo e o 17 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro 22 de xullo a compañía Inversa Teatro iniciará a súa xira por Colombia. O apoio do público que obtivo a compañía mediante a venda de mercadotecnia como camisetas ou chapas e mais a adquisición de entradas permitiralle viaxar como convidada ao Festival Santander a Escena deste país coa súa obra Kamouraska. Logo de que a falta de fondos lles impedise asistir a este evento o pasado ano, e despois de que o festival recuncase no seu convite e se ofertase a cubrir a metade dos gastos do traslado, a compañía iniciou a campaña de recollida de fondos que agora lles permite abordar esta xira.

Ademais da actuación no festival, entre o 27 de xullo e o 6 de agosto, o grupo tamén visitará Cartagena de Indias e o Festival Internacional de La Cultura en Tunja entre outras localidades, amosando a súa obra e participando en diferentes obradoiros de creación.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Colombia

Claves

Conceptos
Lugares