Ramón Villares propón una axencia independente para a acción cultural exterior

O presidente do Consello da Cultura no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

"Unha axencia de carácter independente que promova a acción cultural exterior, para evitar duplicidades e asignar mellor os recursos”. Esta é a proposta do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares para optimiza a proxección da nosa cultura no mundo. Así o defendeou onte no seu relatorio sobre Cultura asociacionismo e acción exterior no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas. O historiador defendeu asimesmo a importancia "dos centros galegos creados na diáspora porque poden adoptar un novo perfil axeitado ás necesidades dunha sociedade amplamenmte globalizada”.

Para alén de chamar a aproveitar as redes de intercambio de coñecemento internacionais que, para alén de proxectar a nosa cultura tamén lle acheguen riqueza, Villares apostou por "unha concepción do galego como lingua de comunicación que facilite a permeabilidade dos falantes cos países de lingua portuguesa, nomeadamente co Brasil”.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Diáspora, Consello da Cultura Galega, Brasil...

Claves

Protagonistas
Lugares