A Fundación Barrié investiu once millóns e medio de euros en 2011

Patrimonio, educación e investigación son os principais ámbitos orzamentarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Distribución do investimento económico da Fundación Barrié en 2011

Distribución do investimento económico da Fundación Barrié en 2011

A Fundación Barrié presentou a súa Memoria Económica 2011, destacando os principais ámbitos de investimento da fundación. Dos once millóns e medio de euro investidos en 2011, un 41% dos recursos estiveron destinados a patrimonio cultural (a acción estrela foi a restauración do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago) e case un 43% dos recursos foron para Investigación e Educación, que segue a consolidarse como a principal área estratéxica de investimento da Barrié a través dos seus diferentes programas, integrados na liña educaBarrié, inaugurada en 2011. A maiores, máis dun 14% do orzamento destinouse a axudas de carácter social.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Educación, Pórtico da Gloria, Catedral...