A Fundación Barrié destinou a programas culturais e de recuperación do patrimonio 5 millóns

Desde o ano 1966 esta entidade destinou 118 millóns nestes ámbitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

5.134.59,15 euros. Esta é a cifra exacta que a Fundación Barrié destinou a actividades relacionadas con patrimonio e cultura no ano 2010. Así figura na súa memoria anual que se pode consultar deste hoxe na rede. O documento desglosa as actividades nas que se invertiu esa cantidade. No ámbito de recuperación patrimonial destacan as actuación realizadas ao abeiro dos programas Pórtico Virtual, Patrimonio Vivo e Catedral de Santiago. No que atende ás actuacións culturais, a memoria destaca a primacía das actividades didácticas "como aposta estratéxica diferenciadora para obter resultados concretos e dimensionables a curto prazo”. A memoria tamén suma todas as cantidades que se levan investindo nestes conceptos desde queu comezou a súa obra social e cultural, cuxa cifra ascende a 118 millóns.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Catedral, Catedral de Santiago

Claves

Entidades
Conceptos