A restauración do Pórtico da Gloria e o apoio á investigación son as grandes liñas da Fundación Barrié para 2008

A Barrié que vén

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
En total son 26.25 millóns de euros o orzamento que manexa a Fundación Barrié para o ano que agora comeza. Entre os maiores proxectos que abordará, a entidade anuncia o investimento de 3 millóns para o inicio da recuperación do Pórtico da Gloria e mais a Capela Maior da Catedral de Santiago. Un millón setecentos mil euros máis irán ao apoio da investigación farmacoxenética no marco do Programa Diana e unha cantidade similar destinarase á convocatoria de bolsas desta entidade. Exposicións, programas de concertos e publicacións, entre outras actividades, completan as propostas desta entidade.

Web da Fundación; máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Fundación Barrié, Catedral, Exposicións...