Arrinca a exposición Gallaecia Petrea

Recolle o tratamento artístico da pedra ao longo da historia cultural do país

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Guerreiro celta. Narciso Pérez Rey 1928 Museo de Pontevedra. Foto: Xunta

Guerreiro celta. Narciso Pérez Rey 1928 Museo de Pontevedra. Foto: Xunta

No ronsel das grandes exposicións históricas como Galicia no tempo, promovidas na época da presidencia de Manuel Fraga, hoxe pola mañá arrincou en Compostela a exposición Gallaecia Petrea. Son 341 obras que enchen os 6.600 metros cadrados do Museo de Galicia, un equipo de 76 investigadores e cinco comisarios coordinados por Miguel Fernández Cid. A exposición representa a xeoloxía e as diferentes etapas da Historia de Galicia a partir de obras artísticas pétreas. Nela participaron 91 entidades de Galicia, Portugal, Asturias e León, xa que na exposición inclúense pezas do norte de Portugal e do territorio actualmente asturiano que chega ata o río Navia. A entrada esta fin de semana é de balde.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A grosa liña de pedra

A grosa liña de pedra

A mostra inclúe máis de 300 pezas de arte do territorio da antiga Gallaecia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gallaecia, Miguel Fernández, Manuel Fraga, Historia de Galicia...