O Pórtico da Gloria protagoniza unha xornada científica en Londres

A Fundación Barrié coordina a actividade no Victoria&Albert Museum

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Victoria&Albert Museum de Londres acollerá mañá unha xornada científica sobre a restauración e conservación do Pórtico da Gloria. A Fundación Barrié organiza este encontro, no que participará Francisco Prado, profesor da Universidad Complutense de Madrid, Tom Nickson da University of York, Marjorie Trusted, Johanna Puisto e Víctor Hugo López Borges, do propio Museo. Con este encontro, a Barrié quere debater a situación do monumento e as súas posibilidades de restauración. A coincidir co grupo haberá un concerto do grupo galego de música medieval Martín Códax.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Londres, Fundación Barrié, Francisco Prado...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares