Vinte e sete museos de Europa presentan o seu traballo en Vigo

A XII Reunión Anual da Rede de Museos Europeos comeza mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Barrié acolle desde mañá e ata o vindeiro sábado a XII Muscon, a reunión anual da Rede de Museos do continente. O encontro comprenderá breves intervencións, de arredor de quince minutos, nas que representantes de centros destacados coma o Museum of Decorative Arts de Praga, do Vitra Design Museum, do Nationalmuseum de Estocolmo ou do Victoria and Albert Museum entre moitos outros, explicarán os seus proxectos didácticos e sistemas de traballos. A maiores, o programa inclúe diferentes paseos turísticos polo país que lles permitirán aos participantes coñecer Baiona, Compostela ou A Coruña.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Europa, Vigo, Fundación Barrié...