Nani García Trío presenta Renaissance

Supón o retorno ao xénero deste músico logo de anos

12/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Renaissance

Nani García volta ao jazz. Logo dunha longa temporada como compositor, presenta Renaissance, como Nani García Trío. Miguel Cabana á batería e Simón García no contrabaixo completan esta formación. Un total de oito temas compostos por García supoñen o debut discográfico do conxunto da man de Xingra, unha obra que "retende ser unha reflexión en clave positiva da importancia de reinventarse día a día". O Teatro Rosalía de Castro acolle o vindeiro 16 de xullo o concerto de presentación do álbum. A xira continuará despois do verán por todo o país.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nani García, Xénero, Rosalía de Castro, Jazz...