La Tuerka 27 aumenta o número de salas de microteatro

Ofrecerá catro espectáculos diarios simultáneos

7/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
32 lecturas | Compartido 0 veces
O microteatro está funcionando como modelo comercial na Coruña. A sala Tuerka 27, que iniciou a súa experiencia de microteatro en abril deste ano, ampliará unha sala máis para incrementar a oferta de pequenos espectáculos, ante a demanda do público. A idea, segundo declarou a La Opinión Milo Taboada, artista e socio de La Tuerka 27, é ofrecer catro pases diarios dos catro espectáculos, entre mércores e sábado.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Entidades