Educación amplía a gratuidade dos libros a todos os niveis de ensino

Afectan a un 70% dos escolares galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O sistema de gratuidade de libros de texto ampliarase o vindeiro curso a todos os niveis de ensino obrigatorio e chegará ao 70% dos escolares do país. O DOG publica hoxe a convocatoria destas axudas, que segundo a Consellaría, manteñen os requisitos do último curso. O prazo para as solicitudes para os alumnos de primaria e educación especial abre mañá e remata o 2 de xullo, mentres os estudantes de secundaria poden facer a súa solicitude entre o o 25 de xuño ao 26 de xullo para o que formalice matrícula no prazo ordinaria, e entre o 1 setembro e o 1 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria.

Segundo denunciaba esta mesma semana Praza Pública, o actual sistema de gratuidade da Xunta resulta xa máis caro do que o de préstamo de libros posto en marcha co anterior goberno.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ensino, Secundaria

Claves

Lugares