A RAG amosa os carteis do Día das Letras na Coruña

Presenta o proxecto A volta ás Letras en cincuenta días nos xardíns de San Carlos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel de Javi Pérez sobre do Día das Letras dedicado a Castelao

Cartel de Javi Pérez sobre do Día das Letras dedicado a Castelao

Unha exposición co medio cento de carteis que diferentes deseñadores do país fixeron para conmemorar os 50 anos do Día das Letras poderá verse, a partir de hoxe nos Xardíns de San Carlos da Coruña. A Real Academia Galega inaugura, ás 19:30 horas o proxecto A volta ás Letras en cincuenta días amosando estas creacións, que xa foron publicadas polo Faro de Vigo como libro o pasado 17 de maio e que se corresponden con cadanseu autor homenaxeado nesta data desde que se puxo en marcha. No acto de apertura intervirá o presidenta da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Méndez Ferrín, Faro de Vigo, Real Academia Galega

Claves

Protagonistas
Lugares