puntoGAL presenta mañá a candidatura dun dominio para a lingua e cultura galegas

Será na Biblioteca de Galicia da cidade da Cultura ás 12 h.

Cunha pequena xornada de presentación, a asociación puntoGAL presentará mañá martes ás 12 horas o "puntoGAL", a candidatura dun dominio de Internet para a lingua e cultura galegas. No acto, trala inauguración a cargo de Mar Pereira e Valentín García, explicarase a campaña a cargo de Manuel González, presidente da Asociación Puntogal e membro da RAG. Logo coñeceranse os resultados dun precedente como é o dominio .cat, a cargo de Jordi Iparraguire, director da Fundació puntCAT e haberá un coloquio no que participarán Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores, Manuel Gago, director de culturagalega.org, Víctor López, presidente da Asociación Galega de empresas de Internet e Marcus Fernández, webmaster de Código Cero. A entrada é libre.

· 12:00 Inauguración a cargo da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira
· 12:10 Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
· 12:20 Presentación a cargo de Manuel González González, presidente da Asociación Puntogal e membro da Real Academia Galega
Ligazóns