Once presentacións de libros, novidades editoriais, "escritores, poetas, música ao vivo e mesmo algo para ir matando a fame". Esta é a proposta que fan Editores de Compostela, a marca que agrupa a Edicións Positivas, Alvarellos, Sotelo Blanco e Urco Editora. Canda aos novos lanzamentos, haberá tamén libros a prezos rebaixados. Será na praza Salvador de Parga da capital galega.
Está prevista a participación de autores como Paula Carballeira, RosalÃa Fernández, Samuel L. Paris, Lupe Gómez, Mario Regueira ou Fernando Cimadevila. Con esta proposta, os editores composteláns inician unha serie de actividades para achegar o seu traballo ao público en novos espazos.