Case tres horas de composicións para clarinete e piano da man de compositores do noso paÃs. Esta é a proposta de Clarinete e piano. AntoloxÃa de compositores galegos, o triplo CD que presentaba esta mañá Ouvirmos na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. O proxecto supón unha aposta pioneira pola visibilización da música de cámara de factura galega e recolle a práctica totalidade de pezas para esta formación que se teñen feito no paÃs. Alejo Amoedo ás cordas e Astenio Leiva ao vento interpretan 12 obras compostas desde o comezo do século XX. O proxecto, xurdido do empeño destes dous intérpretese, percorre a obra de autores xa clásicos como Bal y Gay ou Rogelio Groba e combÃnaa cos máis novos valores neste campo.
Deste xeito, atopamos nos discos obras de LuÃs Carro, Juan Durán, Paulino Pereiro, Juan Eiras ou Karolis Biveinis (o máis novos dos seleccionados), nunha selección na que se cruzan desde o estilo neoclásico ou neorromántico ata composicións nas que se deixan sentir influencias do jazz ou da música contemporánea.
Das doce pezas que se recollen na AntoloxÃa, sete estaban sen estrear e dez non foran rexistradas previamente en disco. Os dous intérpretes contaron, na maior parte dos casos coa participación dos propios compositores á hora de abordar e gravar os temas, dos cales, os de Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras foron encargas especÃficas para este traballo.
A gravación deste traballo realizouse en tres sesións no Conservatorio de Música de Pontevedra da man de Pablo Barreiro e do estudio móbil da Radio Galega.