
Segundo sinala Roberto Cordovani, director artÃstico da compañÃa "sobre todo tentamos animar a xente doutros lugares a vir á obra, pero polo que ollamos a maior parte dos que aproveitan estas ofertas son da propia cidade de Vigo opta pola cea. En moitos casos é xente que xa veu a outras obras do teatro". Os libros e a opción de hotel, no entanto, non acadaron tanta aceptación. "Houbo unha fin de semana que reservamos 26 ceas" apunta Cordovani, o que dá unha mostra das posibilidades deste proxecto.
Pola súa banda, no Liceum, a promoción Queda no Porrñio inclúe, a partir de 30 euros por cabeza, cea nun restaurante da vila, concerto e consumición no propio bar, e aloxamento en hotel. Con esta proposta queren animar aos foráneos a asistir ás actuacións que normalmente acolle o establecemento sen que sexa necesario conducir despois. Neste mes, por exemplo, o programa inclúe concertos de Crema de gaita, Pentalfa,Tromentelos Chis pun ou 2nafronteira. Tamén acollerá a proxección das curtametraxes gañadoras do Festival de Cans o vindeiro 29.
A menor escala, atopamos tamén propostas como as da Sala Nasa, que desde a súa actual ubicación en Teo achega un servizo de autobuses de balde para as persoas interesadas en asisitir ás súas Ultranoites que teñan adquirido as súas entradas de xeito anticipado na rede.
Está por ver se iniciativas coma esta atopan continuidade e se multiplican facilitando a asistencia a actividades culturais por todo o paÃs.