Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco

Está aberto un proxecto de Crowdfunding para financiar o disco

21/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco é o título do proxecto no que están embarcados un unha trintena de músicos do noso país. A intención e gravar un duplo disco de versións de Blanco en homenaxe a este músico, que por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra. O proxecto abriu unha conta no web Verkami para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding, e a falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. Uxía, Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Roger de Flor ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Emilio Rúa, Xoel López, Uxía Senlle