A XIV edición do Felipop homenaxea a Magín Blanco

A programación arrinca esta noite co espectáculo teatral Malos Hábitos

8/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A actuación do Mago Fon máis a comedia teatral Malos Hábitos (Iolanda Muíños e Camila Bossa) abren esta noite a XIV edición do Felipop de Fene. Trátase dun encontro que nesta ocasión homenaxea ao músico Magín Blanco, moi vencellado a esta cita musical desde a súa creación. Os madrilñeos Mama, os cataláns Suzy&Los Quattro ou o británico Nick Garrie son algún dos reclamos deste certame que organiza a Asociación cultural Felicia de Limodre. Os cen primeiros que merquen un abono para dous días recibirán o traballo Doutor Apertas, cos que recoñecidos músicos galegos reinterpretan cancións de Magín, tralo accidente que o imposibilitou volver tocar.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Espectáculo, Fon, Comedia...

Claves

Protagonistas
Lugares