Malvela gravará un disco en directo en Mos

O proxecto conta coa colaboración de Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría e Oli Xiráldez, entre outros

26/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Malvela

O Multiusos de Mos acollerá o vindeiro 31 de marzo un especial concerto de Malvela. O grupo gravará nesta xornada o seu cuarto disco, un directo no que contará con convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e mais a poeta local María Magdalena. Co título de Raianas, o espectáculo percorrerá as tradicións orais e musicais das dúas bandas do Miño, e incluirá contos tradicionais desta área, así como algúns dos temas máis coñecidos do conxunto. O concerto celebrarase ás 21 horas, con entrada de balde.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mos, Oli, Oli, Carlos Blanco...

Claves

Conceptos
Lugares