
Canda a este tema, o disco recolle a versión do coñecido PirimpimpÃn que fai de sintonÃa da serie Padre Casares, e mesmo un tema do Nordeste brasileiro, Forrô no escuro, do coñecido compositor LuÃs Gonzaga. A música lusófona está tamén presente en arranxos de percusión ou na incorporación do cavaquinho á instrumentación do disco.
Segundo lembrou Lina, voceira do grupo na presentación, “hai moita música popular, pero a Malvela non lle interesa toda. Non nons interesa a música soez, nin anticlerical nin machista. Queremos música pÃcara, alegre que nos di algo”. UxÃa sinalou que existe a posibilidade de que se edite un DVD co material da gravación do disco. O álbum está dispoñible da man de Fol Música e pode adquirirse en formato dixital.