Pontevedra acolle o II Concerto Día das Letras Galegas do Consello da Cultura

A Real Filharmonía de Galicia estreará obras de Roxelio Groba e Juan Durán

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pontevedra acolle o II Concerto Día das Letras Galegas do Consello da Cultura

Cantata das cantigas, de Roxelio Groba, e Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade, de Juan Durán, son as obras que a Real Filharmonía de Galicia estreará no II Concerto Día das Letras Galegas que se celebra esta noite en Pontevedra. Maximino Zumalave dirixe a formación nun recital que organiza o Consello da Cultura Galega e que contará coa presenza da Sociedade Coral Polifónica e o Coro Académico do Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra. O evento celébrase a partir das 21 horas no Pazo da Cultura.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Día das Letras Galegas, Juan Durán, Real Filharmonía de Galicia...