Pedro Benavente leva III Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura

A Deputación da Coruña valorou o seu traballo a prol da lingua e a cultura agraria

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O veterinario Pedro Benavente, orixinario de Sabiñánigo (Huesca), foi seleccionado pola Deputación da Coruña para levar o III Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura. O xurado do galardón apuntou o importante traballo de Benavente a prol da recuperación da lingua e da cultura agraria no noso país. Entre outras iniciativas, o galardoado é coautor, co académico Xesús Ferro Ruibal, do Libro da vaca no que repasa a terminoloxía vencellada a este animal no noso país. O xurado apuntou tamén o exemplo de integración na nosa cultura que supón Benavente.

O galardoado desenvolveu un intenso traballo no campo de lexicografía con obras como O dicionario Xerais lido por un veterinario, Algunhas achegas ao dicionario na Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega, e participou na elaboración do Dicionario de sinónimos da lingua galega.

O premio, centrado na normalización lingüística ata esta edición, fora para A Mesa pola Normalización e para Blogaliza nas súas anteriores xeiras.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Deputación da Coruña, Dicionario, Lingua galega...