
Que obras de arte debera manter un Mseo Nacional de Arte de Galicia en relación ao século XX? AÃnda que moitas obras preserváronse na propia Galicia, a emigración e o exilio definiron claramente a dispersión das obras dos artistas contemporáneos. De seguido, Xesús Baños preséntanos e explÃcanos a súa selección:

TÃtulo: Santa
Autor: Francisco Asorey
CronoloxÃa: 1926
Ubicación actual: Casa de Galicia, Montevideo
Comentario: O gran escultor cambadés realiza nos anos vinte do século pasado o mellor da súa producción, na que exalta á muller galega. A presente obra é a máis singular de todas elas pola nudez da figura ainda que o tratamento da policromÃa é semellante a outras obras como O Tesouro ou A ofrenda a San Ramón.

TÃtulo: Verbena
Autor: Maruja Mallo
CronoloxÃa: 1928
Ubicación actual: Museo Nacional Reina SofÃa, Madrid
Comentario: As Verbenas de Maruja Mallo, das que lamentablemente non temos ningunha en Galicia, transmiten alegrÃa, colorido, pero tamén crÃtica social pois os curas, a Garda Civil ou as clases máis adiñeiradas son presentados dun xeito caricaturesco.

TÃtulo: Retrato de Dolores Olmedo
Autor: Francisco Miguel
CronoloxÃa: 1931
Ubicación actual: Pinacoteca privada de Dolores Olmedo, Xochimilco, México
Comentario: Ao mirarlle aos ollos a Dolores Olmedo semella que un mira a México enteiro: os murais de Diego Rivera, os autorretratos de Frida Kahlo, as fotografÃas de Tina ModottiÂ… un cadro dunha expresividade marabillosa na que o malogrado Francisco Miguel soubo captar toda a maxia que desprendÃa a retratada.

TÃtulo: Niña durmiendo
Autor: Angel Botello
CronoloxÃa: 1939
Ubicación actual: Colección privada. Adquirida en Sotheby’s New York no ano 2007
Comentario: O menos galego dos pintores galegos. O artista, exiliado na República Dominicana, Haità e finalmente Puerto Rico, soubo captar perfectamente a cor e a luminosidade do Caribe, especializándose nos nus femininos.

TÃtulo: El placer del baño
Autor: Eugenio Fernández Granell
CronoloxÃa: 1943
Ubicación actual: Museo Patio Herreriano, Valladolid
Comentario: Unha das máis destacadas obras deste intelectual e pintor coruñés do que este ano celebramos o centenario do seu nacemento. É un dos grandes surrealistas españois, que por mor da súa ideoloxÃa trotskista viviu un longo exilio en Nova York, cidade á que chegou logo de residir en diversos paÃses centroamericanos.

TÃtulo: Cristo Crucificado
Autor: Benito Prieto Coussent
CronoloxÃa: 1948
Ubicación actual: Descoñecida
Comentario: Esta obra e froito da obsesión do seu autor. A representación de Cristo é arrepiante e estremecedora. Fixo tres versións máis, unha que foi destruida, moi semellante a ésta, outra na dous esqueletes acompañan a Cristo está en paradeiro descoñecido e unha cuarta, segundo parece, pertence a Kennedy Library de Harvard.