San Simón acolle Neuromagic

O encontro centrado na neuroloxía celebrarase entre o 7 e o 10 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Cartel do encontro Neuromagic

Cartel do encontro Neuromagic

Co lema Os enganos da mente, celébrase na Illa de San Simón, ata o vindeiro 10 de maio, a segunda edición do encontro Neuromagic. Do mesmo xeito que no pasado ano, ilusionistas e científicos especializados en neurociencia analizarán e debaterán o xeito no que a mente humana crea e responde ás ilusións. Susana Martínez-Conde e Stephen Macknik de The Neural Correlate Society, coordinan un encontro no que participan pola banda dos ilusionistas Kiko Pastur, Miguel Ángel Gea, James Randi, Ava Do, Apollo Robins, D.J. Grothe e Chris Kenner. Pola neurociencia acoden Susana Martínez-Conde, Stephen Macknik, Mel Slater, Jed Elison, Flip Phillips, Beatrice de Gelder, Luis Martínez Otero e Amir Raz. Boa parte das intervencións poderán seguirse a través da rede.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón