Dúas obras que recuperan aspectos inéditos de cadanseu nome fundamental das nosas letras. Segundo adiantaba La Voz de Galicia esta fin de semana, a Real Academia ten listo o volume no que rescata a descoñecida obra en prosa de Manuel Antonio. A obra, anunciada xa en 2010, abre a nova colección Clásicos da Academia e terá continuidade cun epistolario, un volume de poesía e mais unha biografía do poeta. A mesma serie acollerá unha antoloxía de literatura galega en dous tomos.
Pola súa banda, o Centro Ramón Piñeiro editará en breve o epistolario entre Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal. O proxecto amosará, segundo asegura o seu editor, Luís Cochón, aspectos descoñecidos da personalidade e da vida do escritor mindoniense.