O Reperkusión muda de sede

Ourense acollerá a nova edición do festival o os vindeiros 17, 18 e 19 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os antigos terreos da Cidade dos Muchachos en Bemposta, Ourense, acollerán a nova edición do festival Reperkusión de Allariz entre 17 e o 19 de maio. O evento mantén o seu programa, no que destaca a presenza de Manu Chao, e montará unha carpa de circo de 3.000 metros cadrados para albergar as preto de 40 actuacións previstas. A falta de acondicionamento nos terreos que o concello de Allariz ofertara para realizar o evento son o argumento que organización esgrime para a mudanza. Desde o Concello de Allariz, pola súa banda, lamentaron a decisión e aseguraron que cumpriron con os compromisos encol da localización.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Concello de Allariz, Manu Chao

Claves

Protagonistas
Lugares