Cómpre afincarse no financiamento privado e ter unha menor dependencia dos investimentos públicos. Esta é unha das tendencias de opinión máis claras que se observaron nas últimas sesións das xornadas Arte contemporánea en Galicia 2012. O estado da cuestión no sector que acolleu o Consello da Cultura Galega. Centradas no ámbito das institucións e do coleccionismo, estas xeiras apuntan a chegada de mudanzas importantes ao sector.
As xornadas Arte contemporánea en Galicia 2012. O estado da cuestión no sector que organizou o Consello da Cultura Galega chegaban o pasado xoves ao seu fin. Logo de percorrer nas súas dúas primeiras sesións a situación da creación e da intermediación, os pasados mércores e xoves abordáronse as tendencias das institucións ( Espazos / Programacións / Xestións) e mais do mercado (Coleccionismo / Feiras / GalerÃas). Segundo explica Seve Penelas, un dos coordinadores do encontro desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello, “está clara a idea de que cómpre diminuÃr a presenza da aministración pública, pero conseguir unha maior implicación do privado tamén é un problema porque tampouco anda economicamente ben”.
A problemática pública
A respecto da diminución de fondos públicos para a este sector, o propio Juan Carlos Fernández Fasero, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, (AGADIC) sinalou que a propia institución está na procura de fondos, o que complica polÃticas de apoio que viña desenvolvendo como as axudas para que galerÃas galegas asistisen a feiras. “Fasero apuntou que as institucións non poden ser a única vÃa de financiamento para as actividades culturais e artÃsticas en xeral”, lembra Penelas, na liña do que xa se ten apuntado repetidamente desde a Xunta de Galicia. Desde a banda os centros, a participación de Silvia Longueira, responsable da Fundaicón Seoane, de Iñaki MartÃnez Antelo, do MARCO de Vigo e de Miguel Von Hafe, do CGAC, amosaron unha problemática común á hora de ter que traballar con menos fondos e a necesidade de buscar financiamento privado. “Longueira apuntou a necesidade constante de procurar mecenados para manter a súa actividade, MartÃnez Antelo sinalou o incremento dos esforzos persoais para continuar a programación logo da redución ou desaparición do apoio económico da Deputación de Pontevedra e das Caixas”, lembra Penelas. Pola súa banda, Von Hafe “sinalou que, ao depender totalmente de fondos públicos, no CGAC deben facer todo tipo de carambolas reducindo custos na produción de mostras, nos transportes ou mesmo nos seguros. No entanto, adiantou que agarda contar con fondos para celebrar axeitadamente o vinte aniversario do centro en 2013”. Os estatutos do centro amósanse, en casos coma este, como unha pexa á hora de tentar acudir a financiamento privado.
Problemas privados
Os participantes no evento incidiron na vella arela do sector que é unha boa Lei de Mecenado, repetidamente prometida e adiada desde as institucións. “AÃnda que a cultura é un dereito máis o que un luxo ou unha opción de lecer, actualmente os fondos públicos non dan de si e cómpre buscar outros”. Canda a isto, “os incentivos fiscais son importantes. En España a arte tributa un 18% de IVE, mentres noutros paÃses como Francia ten unha porcentaxe moito menor. AÃnda que a tendencia semella que será que o imposto suba en toda Europa e se continúe a entender as obra como obxectos de luxo cómpre abrir o debate, porque unha obra considérase luxo cando está en mans privadas ou hai movemento económico, pero cando está nun museo considérase cultura e coñecemento”, advirte este crÃtico de arte. Para alén da problemática lexislativa, a procura de mecenado para a arte contemporánea enfróntase a outras dificultades. “En xeral compróbase que é máis sinxelo conseguir implicación privada para teatro ou música, non hai moitas empresas que patrocinen exposicións, pero si concertos”, lembra Penelas, que apunta a falta de comprensión social encol da arte contemporánea como unha pexa neste sentido. “Cómpren polÃticas didácticas e de difusión, suscitar interese arredor da arte, aproveitar as novas tecnoloxÃas e empregar a imaxinación para dar a coñecer o sector. Hai que rachar a idea da arte como un ben inútil que resulta caro. Tamén hai unha tendencia nos medios a tratar a arte como un espectáculo, falando sempre de cifras ou de obras escandalosas. A realidade da arte contemporánea ten máis contido e precisa un tratamento a medio e longo prazo”, conclúe.
As coleccións
Para alén do apoio á creación e mais á montaxe de exposicións, os recortes públicos afectan de xeito importante á adquisición de obras, un ámbito no que durante moitos anos os centros dependentes da administración e mais as Caixas de Aforros tiveron un papel fundamental no noso paÃs. “En Galicia no ámbito público son fundamentais as coleccións do CGAC e mais da Xunta”, lembra Penelas. “Logo están as coleccións das Caixas, con fondos diferentes e cunha problemática especÃfica na actualidade”, apunta a lembrar o debate sobre cómo conseguir que eses fondos fiquen no noso paÃs ante o proceso de reforma destas institucións. “A Fundación Barrié concéntrase na pintura e non ten moias obras actuais, e logo está o traballo do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e mais o da Fundación MarÃa José Jove”.
O mercado
Na actualidade semella que o peso no mercado vai recaer máis nos coleccionistas privados, aÃnda que falamos dun ámbito que acusa tamén de xeito acusado a pegada da crise económica. “Se consideramos a arte como produto de luxo, ao nivel de coches de alta gama ou xoias, vese que é un sector que vai ben, e que se presta aÃnda á especulación”. No entanto, advirte que “xa non hai mercado secundario, acabáronse as poxas de arte contemporánea en España. O peso queda no primario, galerÃas e feiras, e o sector lamenta que hai moita opacidade, non se coñecen cifras concretas, por exemplo de ARCO”. En Galicia as feiras están tamén nun momento baixo. Desaparecidas iniciativas que se mantiveron ao longo dos anos noventa, o nacemento hai cinco anos de Puro Arte, logo reconvertida en Espazo Atlántico, supuxo unha nova tentativa no ámbito. Na actualidade, logo da desaparición desta cita, “compróbase que agora mesmo Galicia non dá para unha feira, por falte de coleccionistas, de mercado, ou de conseguir suscitar interese abondo para traer xente de fóra”.
Os coleccionistas
A se referir ao peso que pode acadar o sector privado, Von Hafe apuntou casos a nivel internacional no que coleccionistas de importancia condicionan as programacións de museos enteiros ao estableceren as condicións nas que ceden os seus fondos. “Poden obrigar a facer exposicións individuais de determinados artistas dos que teñen obras ou comisariar mostras co material que ceden”, explica Penelas, o que acaba redundando, tamén, nunha revalorización económica dos seus fondos. No entanto, o escaso peso do coleccionismo en Galicia fai difÃcil que no noso paÃs se poidan dar situacións semellantes. “En Galicia hai moi poucos. Se falamos de xente con certo calibre e fondos con calidade ou cantidade temos cinco nomes”, unha situación que redunda tamén nunha certa debilidade do mercado, aÃnda que este crÃtico sinala que “a maior parte das adquisicións que se fan en poxas, por exemplo, están por baixo dos 6.000 euros, non se trata sempre de investir millóns”.
De galerÃas a marchantes
A nivel de galerÃas, a partir da intervención de Asunta RodrÃguez, da compostelá Trinta, Penelas sinala que “nos 90 habÃa un mercado activo, con ata 20 galerÃas, adquisicións do CGAC, ou cinco galerÃas galegas en ARCO no ano 2000. Aqueles anos foron un momento álxido, logo fóronse uniformizando as cousas co resto de España. Coa chegada da crise isto mudou”. A este respecto, as galerÃas enfróntanse a unha mudanza do seu papel. “Ao existir tamén moitas pequenas institucións que programan mostras, diminúe a importancia destes establecementos como espazos expositivos. Os investimentos que esixe esta actividade son moi altos e no futuro é previsible que as galerÃas queden máis no papel de marchantes, contando cuns fondos ou con acceso a determinados artistas e actuando como enlaces cos compradores”.
Pendentes das conclusións deste encontro, en proceso de elaboración, Penelas fecha a experiencia cun certo optimismo. “Temos creadores, tecido, museos e actividade. Non se pode dar a batalla por perdida, aÃnda que semella claro que desta crise sairase con mudanzas importante no modelo de adquisicións e programación. Unha renovación pode ser boa, haberá que ver cómo se vai producindo”, sinala.