O Correlingua 2012 comezará en Ourense

A organización entregou esta mañá os premios da edición deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Co lema Galego. Todo o que buscas, a edición 2012 de Correlingua comezará o vindeiro 2 maio en Ourense. A organización deste evento presentaba esta mañá os premios dos certames escolares deste ano. O CPI Pontecesures levou o premio ao Manifesto, mentres en vídeo impúxose o o IES Mosteirón de Sada. Pola súa banda, o premio á mellor banda deseñada foi ex-aequo para o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín. Logo da saída, a carreira transcorrerá por once comarcas, Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño e O Condado, O Morrazo e a Ribeira Sacra e para rematar o vindeiro 16 de maio na Mariña.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Comeza o Correlingua

Xenderal, Chupadeskay e Roger de Flor e os Silvestres amenizarán as festas finais de cada etapa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Correlingua, Banda deseñada, Manifesto...