Dous proxectos musicais colectivos chaman á colaboración do público

Galician Bizarre II e a Orquesta Metamovida apostan pola fórmula do crowdfunding

10/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Reunir 2500 euros antes do 14 de maio para tirar unha edición de 525 copias en vinilo. Esta é a proposta que fan os grupos que queren gravar Galician Bizarre II, o segundo compilatorio de bandas bizarras do país. Os que fagan a súa achega, a partir de 10 euros, poderán facerse con copia do disco e mesmo cun concerto de Rafa Anido, segundo a contía. Canda a eles, tamén a Orquesta Metamovida, un proxecto que reúne músicos de diferentes conxuntos vigueses comaCró!, Unicornibot, Why Go ou Holywater entre outros, aposta por este formato de financiamento. A súa intención é publicar un disco que recolla os temas de estilo post rock que estiveron interpretando en actuacións en directo ao longo dos últimos meses, para o que tentan reunir 2.000 euros.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock

Claves

Conceptos