Unha exposición que amosará en seis diferentes espazos da cidade de Compostela os fondos da Fundación Granell, canda a outras pezas, é o principal evento co que esta entidade quere conmemorar os cen anos do nacemento do pintor. As seis partes da mostra achegarán aspectos concretos do traballo do artista, como o seu labor cinematográfico, e unha delas achegará o traballo de creadores actuais no marco do surrealismo. Canda a isto, en xullo e en agsoto desenvolveranse actos de homenaxe en lugares como o Museo do Pobo Galego, a Cidade da Cultura, a Fundación Caixa Galicia ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. Os recortes orzamentarios tamén se deixaron sentir neste programa, que a responsable da Fundación, natlia Fernández Segarra, sinalou que pretendÃa fose máis ambicioso.